A Asociación Galega de Fibromialxia impartirá unha charla na nosa vila
• Este sábado, 29 de novembro, ás 18:00h, no salón de plenos da Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
A Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI) impartirá este sábado, ás 18:00h, unha charla-coloquio na Casa dos Alonso.
Rafael Ocampo Piñeiro, presidente de AGAFI explicará a súa participación no proxecto “kNOw more pain” - que en galego vén sendo “Coñeza máis sobre a dor”, un estudo do tratamento multicompetente da dor na fibromialxia, que se realiza na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario