10 de out. de 2025

TOMIÑO

Novos desafíos no II BTT Transibérico 2025 con dúas rutas de 35 e 53 km  

 A Eurocidade anima ás persoas afeccionadas ao ciclismo a participar neste encontro non competitivo para explorar natureza, cultura e historia de Cerveira e Tomiño  

 Inscricións abertas ata o 17 de outubro 


 
Nesta segunda edición, as persoas participantes poderán elixir entre dúas rutas, un percorrido curto de 35 km de distancia e 726 metros de subida total e un percorrido longo de 53 km cunha subida acumulada de 1.065 metros 

Fonte: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 Traspasar fronteiras sobre dúas rodas e descu-brir a beleza dun territorio compartido: esa é a proposta da II edición do BTT Transi-bérico 2025, que regresa á Eurocidade Cerveira–Tomiño o vindeiro sábado 19 de outubro cun dobre desafío pensado para todos os niveis. 

 Este evento, promovido pola Eurocidade Cerveira–Tomiño en colaboración coa aso-ciación Pedal’Arte de Vila Nova de Cerveira e Colibrí ACDR de Tomiño, consolídase como unha das citas máis atractivas para quen busca combinar deporte, natureza e convivencia sen fronteiras. Nesta segunda edición, as persoas participantes poderán elixir entre dúas rutas, un percorrido curto de 35 km de distancia e 726 metros de subida total e un percorrido longo de 53 km cunha subida acumulada de 1.065 metros. 

 O paseo, de carácter non competitivo, invita a pedalear con calma e desfrutar de roteiros que permitirán ás e aos participantes conectar coa natureza, patrimonio e tradicións locais. A saída será na praza do Seixo, de Tomiño, ás 08.30 h (PT) / 09.30 h (GA), con itinerarios guiados mediante tecnoloxía GPS que permitirán a cada ciclista seguir o seu ritmo con total autonomía. 

 Ademais de promover o deporte e o contacto coa natureza, o BTT Transibérico busca dinamizar o comercio e a hostalería da Eurocidade, con paradas en espazos cultu-rais, negocios locais e puntos de interese turístico. A organización ofrecerá dorsal, se-guro, avituallamento líquido e sólido, reforzo técnico e servizo de duchas ao final da xornada. 

 As inscricións xa están abertas e poderán realizarse ata o 17 de outubro, tanto de forma individual como en grupo. 

 Co BTT Transibérico 2025, a Eurocidade Cerveira-Tomiño reafirma o seu compromiso con iniciativas que unen á cidadanía a través do deporte, a cultura e a posta en valor do territorio común. Esta actividade está enmarcada na operación 0177_Eurocidade_CT_ADAPT_1_P, cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo de De-senvolvemento Rexional (FEDER), a través da convocatoria INTERREG VA POCTEP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario