6 de out. de 2025

GALIZA

CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS

“Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade”


Paulo Carril, secretario xeral da CIG, na presentación da campaña “Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade”
Foto: CIG


Infogauda / Galiza 

 A CIG ten en marcha a campaña “Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade”, para demandar actuacións urxentes que entende que deberan estar contempladas nos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2026. Neste marco, a central nacionalista ten convocada para mañá, martes 7 de outubro, asembleas de delegados e delegadas e mobilizacións nas sete cidades.  

 Esta campaña pivota sobre seis grandes liñas de actuacións para a creación de traballo digno e a industrialización; a recuperación, ampliación e fortalecemento dos servizos públicos; o desenvolvemento dun plan galego pola igualdade; a posta en marcha dun sistema público de servizos de atención ás persoas; a creación dun parque de vivendas dignas públicas e dun banco galego de vivenda para aluguer social; así como a apertura dun proceso que supere o actual Estatuto de Autonomía para que se recoñezan os dereitos nacionais de Galiza. 

HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS:  

Vigo: ás 12:00 horas manifestación dende Os Capuchinos até a Xunta de Galiza (Praza da Estrela). Neste mobilización participará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que fará declaracións aos medios na delegación autonómica. 

A Coruña: ás 12:00h, concentración no edificio da Xunta en Monelos (Praza de Luís Seoane). 

Ferrol: ás 12:00h, concentración no edificio da Xunta (Praza de Amada García). 

Lugo: ás 12:30h, concentración no edificio multiusos da Xunta (Ronda da Muralla). 

Ourense: ás 12:00h, concentración no edificio da Xunta (Casa de Chocolate). 

Pontevedra: 12:30h, concentración no edificio da Xunta (Campolongo). 

Santiago de Compostela: ás 12:00h, manifestación dende o edificio Cersia até o complexo administrativo de San Caetano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario