V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro
O Concello de A Guarda organiza un obradoiro familiar para aprender a elaborar papel reciclado
• A actividade terá lugar o sábado 18 de outubro a partir das 10:30h na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro, do Concello de A Guarda, trae unnha nova actividade para afondar nos valores de reciclaxe e coidado de medio ambiente.
Trátase dun obradoiro de elaboración de papel reciclado, que estará dirixido pola cooperativa Somos Terra. Na actividade, as persoas participantes fabricarán papel a través dun proceso manual de reciclado de restos de follas, papel de xornal ou libretas.
O obradoiro está recomendado para familias con cativada a partir de 7 anos, pero calquera persoa interesada será benvida a esta actividade. O obradoiro terá lugar o sábado 18 de outubro a partir das 10:30h na Casa dos Alonso.
Para a inscrición ou máis información as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario