10 de out. de 2025

A GUARDA

A Casa dos Alonso vai acoller unha exposición sobre a cartografía de A Raia   

Tras a inauguración haberá unha conferencia explicativa da mesma  




Infogauda / A Guarda 

 O próximo mércores, 15 de outubro, ás 19:00h, na Casa dos Alonso, inaugurarase a exposición Cartografía de A Raia. Trátase dunha iniciativa que mostra os traballos relacionados coa fronteira con Portugal - a Raia -, ademais dunha cartografía histórica e un exemplo     dos traballos realizados polo Centro Xeográfico do Exército.  

 Despois da inauguración, ás 20:00h, celebrarase unha conferencia sobre os Traballos de delimitación na Raia

 A exposición estará aberta ata o día 30 de outubro, en horario de mañá, de luns a venres. E ademais, os luns de 16:00 a 19:00h, e os sábados de 10:00 a 13:00h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario