O Concello de A Guarda conta cun novo tractor para os desbroces
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda conta cun novo tractor que se empregará nas tarefas de desbroce e limpeza de faixas. Este vehículo conta cun brazo que facilita o desbrozamento de lugares de difícil acceso pola súa altura, localización ou espesor da vexetación.
Deste xeito, os equipos municipais poderán avanzar con maior velocidade e chegando a lugares onde antes non podían, grazas ao uso deste novo tractor.
Desde o goberno municipal indican que "o devandito tractor conseguiuse a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte".
Ningún comentario:
Publicar un comentario