24 de set. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda inicia a campaña do contedor marrón cun punto de información na Alameda  

As persoas interesadas poderán pedir a información sobre o seu uso, as solicitudes de chaves,...  




Infogauda / A Guarda  

 Este xoves, 25 de setembro, na Alameda de A Guarda, instalarase un punto de información sobre o contedor marrón. A partir das 16:00 horas, as persoas interesadas poderán acudir a este punto para informarse sobre o uso do contedor, a solicitude de chaves, etc.  

 Ademais, porase a disposición información sobre os novos composteiros e as novas biotrituradoras que o Concello de A Guarda adquiriu coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para la Transición Ecológica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.  

 Haberá unha máquina biotrituradora e un composteiro para que a cidadanía poida ver os servizos que poden solicitar e informarse sobre eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario