Obradoiro para aprender a elaborar produtos ecolóxicos de limpeza
• Esa actividade está dentro do V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro
Infogauda / A Guarda
O V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro regresa en setembro cunha nova actividade. Nesta ocasión trátase dun obradoiro para elaborar produtos ecolóxicos de limpeza.
Esta sesión celebrarase o sábado, 20 de setembro, de 10:30 a 12:30h no Centro Cultural.
As prazas son limitadas. Para anotarse deberá enviarse un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es
As persoas participantes aprenderán a facer xabóns, suavizantes ou deterxentes, de xeito ecolóxico e respectuoso co medio ambiente.
Este obradoiro será a cargo da axencia ambiental Biophilia, en colaboración co Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario