24 de set. de 2025

A GÁNDARA (A GUARDA)

Co II Trofeo Ciclista Aser Estévez completarase a programación das Festas das Mercedes, 2025

   Será o sábado, 27 de setembro, a partir das 14:30 horas, na praza dos Seixiños (A Gándara)


O alcalde de A Guarda e membros do goberno municipal na presentación do II Trofeo Ciclista Aser Estévez
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 As Festas das Mercedes, da Gándara, completarán á programación deste 2025, co II Trofeo Ciclista Aser Estévez. 

 Será o sábado, 27 de setembro, a partir das 14:30 horas, cando celebrarase esta nova edición da carreira ciclista, cun circuíto urbano pola Gándara.  

 Os ciclistas participantes, procedentes de Galicia e de Portugal, partirán da praza dos Xeixiños e rematarán na mesma, tras un percorrido de 1,1km.  

 A partir da hora indicada arrancarán as carreiras das diferentes categorías: promesas, principiantes, alevíns, infantís, cadetes, féminas, júniors, másters (30-40-50-60), elite e sub-23.  

 Debido a esa actividade deportiva, durante a tarde do sábado haberá restricións de tráfico na estrada da Gándara, e nas rúas Redondiña e avenida de Francisco Lomba.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario