17 de ago. de 2025

GOIÁN (TOMIÑO)

Xeiras do IEM verán 2025

A Vila da Barca (Goián-Tomiño). 

"Importancia comercial e militar dun lugar"




IEM / Goián

 Continuamos o noso programa de Xeiras do IEM para este verán 2025.  

 7ª Xeiras do IEM, Verán 2025. A Vila da Barca (Goián-Tomiño). "Importancia comercial e militar dun lugar".  

 Nesta Xeira vamos falar do Genius Loci dun lugar determinado pola súa condición estratéxica dende as ópticas comercial e militar: A Vila da Barca. Tamén visitaremos e comentaremos os restos conservados desa poboación e os demais resultados arquitectónicos que o paso do tempo e os acontecementos históricos deixaron neste lugar sucado polo Miño.   

 Data: Mércores, 20 de Agosto ás 18:30h. 

 Punto de encontro: Antiga estación de Ferri de Goián. 

 Guía: Antonio Soliño Troncoso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario