2 de ago. de 2025

BAIONA

Xeira Náutica nocturna polo Mar de Baiona e Panxón

• Venres, 8 de agosto de 2025 

• Hora de preembarque a partires das 21.30h. Hora de saída: 22:00h. Regreso ás 00:00h. 

• Punto de encontro será o peirao da Estación Marítima de Baiona ás 21:30 e o regreso ás 00:00h.

Merca a túa pasaxe premendo aquí




IEM / Baiona   

 Paseo marítimo nocturno para ver as Illas Estelas, a costa da baía de Baiona, Monteferro, as Cíes e os montes do Val de Miñor dende unha visión acompañada de relatos da historia de naufraxios e o mundo do mar. 

 Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira.  

 A data límite para confirmar inscrición é o xoves 7 de agosto ás 24:00h.  

 Obligatorio poñer o nome, apelidos e DNI de cada persoa asistente para o seguro. Grazas!  

 Non se fará reserva de prazas sen previa confirmación do pagamento. Se non se chegara a cubrir 150 pasaxes, a organización podería anular a xeira e reembolsaríase o prezo dos billetes abonados descontada a comisión bancaria por transferencia.  

 Actividade con intérprete de lingua de signos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario