7 de ago. de 2025

A GUARDA

O pallaso Rogelio ofrecerá un espectáculo familiar  

• O vindeiro mércores, 13 de agosto, ás 20:30h no auditorio de san Bieito 


O pallaso Rogelio
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda  

 Co espectáculo “Rogelio III. La Fête”, este próximo mércores, 13 de agosto, ás 20:30h no auditorio de san Bieito, chegará á súa fin o programa de Cultura no Camiño.  

 “Rogelio III. La Fête” 

 Trátase dun espectáculo de circo, clown, corda frouxa, malabares, música, e sobre todo, moito humor. Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a terceira entrega dunha triloxía.  

 Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén te cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só, e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo?  

 Dirixida a un público familiar, está asegurado un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio.   

 Deste xeito, remata o ciclo de Cultura no Camiño que iniciouse coa festa e acrobacias de “Hoxe sí” e continuou co espectáculo de danza “O que non se ve” de Et Suseia Danza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario