7 de ago. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda ofrece puntos para tratar todo tipo de residuos  

Existen pequenos soportes fixos en zonas moi concorridas como a praza de abastos e a rúa Manuel Álvarez 

 

Punto limpo fixo na rúa Manuel Álvarez  
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 O goberno municipal do Concello de A Guarda vén de facer pública no día de hoxe, á seguinte nota:

 Na nosa vila existen diferentes puntos para tratar correctamente os diversos tipos de residuos.   

 O Punto Limpo permanece aberto de luns a sábado en verán, cun horario de atención ao público de 8:00 a 13:30h (agás os sábados, ata as 12:30h). Ao lado, o Punto Verde recolle restos de céspede e herba, e só os martes recolle restos de poda.  

 No Punto Limpo admítese papel e cartón, cristal, plástico duro e brando, residuos metálicos e voluminosos (mobles, colchóns...), entullo de pequenas obras domiciliarias, disolventes, pinturas e vernices, pilas, fluorescentes, madeira, plásticos agrícolas, cápsulas de café, radiografías, aceite vexetal de cociña e residuos de aparellos electrónicos e eléctricos.   

 NON se admite uralita, aparellos de pesca, extintores, rodas, materiais inflamables, explosivos ou radioactivos ou medicamentos. Para estes últimos existe nas farmacias o Punto SIGRE.  


Punto limpo fixo na praza de abastos

 Hai ademais dous pequenos puntos limpos fixos para depositar pequenos residuos na praza de Abastos e na praza de Avelino Vicente. Pódense depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (como móbiles, cargadores, tabletas...), lámpadas, cartuchos de impresora e tóner e pilas e baterías. No punto da praza de Abastos tamén se poden depositar cápsulas de café.  

 Con estas medidas, búscase aumentar a reciclaxe na Guarda e tamén axudar na limpeza das rúas da nosa vila. Ante calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario