29 de xul. de 2025

TUI

Este xoves, 31 de xullo, a corporación municipal de Tui celebrará pleno ordinario 


Casa do Concello de Tui
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Trece puntos figuran na orde do día do Pleno de carácter ordinario que este xoves, 31 de xullo, ás 20:00h vai celebrar a corporación municipal de Tui.    

 1. Aprobación de actas de sesións anteriores: ordinaria celebrada o 29.05.2025 e extraordinarias celebradas o 24.06.2025 e 01.07.2025.   

 2. Expediente 3525/2025. Ditame sobre festivos locais para o ano 2026.   

 3. Expediente 998/2025. Proposta de aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2024 así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma.  

 4. Expediente 4008/2025. Ditame de modificación de créditos 23/2025 - Crédito extraordinario 4/2025.   

 5. Expediente 4038/2025. Ditame de modificación de créditos 24/2025 - 3 Suplemento de Crédito.   

 6. Expediente 1672/2024. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA DA IGREXA DO CONVENTO DAS IRMÁNS CLARISAS DE TUI” do inmoble situado na RÚA MONXAS Nº 16.   

 7. Expediente 1200/2025. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA E FACHADA”, en inmoble situado na RÚA TIDE Nº 4.   

 8. Expediente 2976/2025. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE INMOBLE E LIMPEZA INTERIOR”, situado na RÚA CALZADA Nº 25.   

 9. Expediente 3756/2025. Ditame para compatibilidade a Don Iago Marta Lago con DNI *5864, persoal laboral profesor de guitarra eléctrica, para desempeñar actividades privadas.  

 10.Expediente 1118/2023. Ditame para delegación do Pleno na Xunta de Goberno Local das facultades coma órgano de contratación para modificar o contrato de subministro de enerxía eléctrica.   

 11.Expediente 4015/2025. Ditame para modificación de usos do equipamento NÁUTICO.   

 B) ACTIVIDADE DE CONTROL   

 12.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. 2025-0826-de 26.05.2025 ata a núm. 2025-1071 do 28.07.2025.   

 13.Dación de contas das subvencións e disposicións de interese da ADL dos meses de febreiro a xullo de 2025.   

C) ROGOS E PREGUNTAS. Non hai asuntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario