17 de xul. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda cede por 30 anos máis a escola da Portela á Asociación Avelaíña   

A escola da Portela vén sendo, desde 2005, a sede no Baixo Miño, desta asociación que loita pola saúde mental  


O alcalde de A Guarda e unha representante da Asociación Avelaíña, asinaron á renovación da cesión da antiga Escola da Portela
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda renovou a cesión do edificio da antiga Escola da Portela, de Salcidos, á Asociación Avelaíña por 30 anos máis. Esta decisión, reafirma o compromiso institucional co labor social e comunitario que desenvolve a entidade no ámbito da saúde mental.  

 A Escola de A Portela, ademais de ter a súa sede, á Asociación Avelaíña realiza nela os seus servizos de rehabilitación psicosocial e conta cun piso protexido, ofrecendo apoio integral ás persoas con problemas de saúde mental e favorecendo a súa autonomía e integración na comunidade.  

 “Con esta cesión queremos apoiar o labor que fai Avelaíña na Guarda, proxectos que fomentan a cohesión social e o benestar da cidadanía, especialmente nun ámbito tan sensible como é a saúde mental”, explica o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero.  

 Dende a cesión do ano 2005, a Asociación Avelaíña vén realizando melloras no edificio grazas ás subvencións recibidas, o que permitiu adaptar o espazo ás necesidades dos servizos e garantir unhas condicións dignas e accesibles para as persoas usuarias.  

 Ademais da cesión gratuíta da Escola de A Portela, o Concello de A Guarda tamén lle cede á entidade unha parcela anexa, que permitirá ampliar e mellorar os espazos destinados a realización das actividades do Centro de Rehabilitación Psicosocial e do piso protexido, reforzando así a capacidade de atención e a calidade dos servizos prestados.  

 “Esta cesión é un recoñecemento ao traballo constante e comprometido que realizamos desde Avelaíña. Supón estabilidade e confianza para seguir medrando e ofrecendo servizos de calidade ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias”, sinalou Rafael Álvarez Martínez, xerente da Asociación Avelaíña. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario