18 de maio de 2025

GALICIA

Programa de voluntariado ambiental interxeracional- VAI 2025


Infogauda / Galicia 


 A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en 22 espazos naturais da Comunidade. Esta iniciativa gratuíta ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado por un dos grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural.

 Nesta quinta edición da iniciativa, posta en marcha polas Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ampliaranse os espazos naturais incluíndo as Paisaxes Protexidas e Humedais Protexidos. Serán un total de 28 actuacións que se levarán a cabo as fins de semana desde o 23 de maio ata o 12 de outubro. A primeira cita será no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e na Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais.

Espazos naturais

 Están programadas accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illa de Ons, Cíes e Cortegada); nos Parques Naturais (Baixa Limia- Serra do Xurés, Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Fragas do Eume); Monumentos Naturais (A Carballa da Rocha, Pena Corneira, Souto de Rozabales, Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, A Fraga de Catasós); Paisaxes Protexidas (Penedos de Pasarela e Traba, Val do río Navea) e Humedais Protexidos (Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais, Complexo intermareal Umia -O Grove (A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira), Ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e Areal de Valdoviño e Lagoa de Cospeito.

 Os escenarios serán, polo tanto, 22 espazos naturais que compoñen o rico patrimonio natural de Galicia.

 As actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, ríos e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visibilización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais. O programa procura fomentar a cooperación e a solidariedade desinteresada desde unha perspectiva interxeracional entre persoas maiores e novas, nun marco de convivencia e intercambio de vivencias neste específico ámbito de actuación, poñendo especial atención nas contornas rurais e as posibilidades que ofrecen desde esta perspectiva para a mellora do asentamento poboacional.

 A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (transporte desde Santiago de Compostela no caso dos Parques Naturais, Monumentos Naturais, Paisaxes Protexidas, Humedais Protexidos e barco no caso dos Parques Nacionais), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas. Cada participante deberá levar os seus útiles de aseo persoal, así coma calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Prazo de inscrición

 O prazo de inscrición comezou o 15 de maio ata completar as quendas.

 Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.

 Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.

Inscrición

 As persoas interesadas en inscribirse nesta quinta edición do Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional poden facelo a través do espazo habilitado na páxina web www.voluntariadogalego.org. Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son: ter cumpridos os 18 anos, residir na Comunidade Autónoma de Galicia e cumprimentar o formulario que se atopa na páxina web.

Espazo Natural

Prazas

Data

Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

15

do 23 ao 25 de maio

Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais

15

do 23 ao 25 de maio

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia lla de Ons

10

do 30 de maio ao 1 de xuño

Parque Natural O Invernadeiro

15

do 30 de maio ao 1 de xuño

Complexo intermareal Umia -O Grove ( A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira)

15

do 06 ao 08 de xuño

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

15

do 06 ao 08 de xuño

Ría de Ortigueira e Ladrido

15

do 13 ao 15 de xuño

Parque Natural Monte Aloia

15

do 13 ao 15 de xuño

Monumento Natural A Carballa da Rocha

15

do 20 ao 22 de xuño

Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

15

do 20 ao 22 de xuño

Parque Natural Fragas do Eume

15

do 27 ao 29 de xuño

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes

10

do 27 ao 29 de xuño

Monumento Natural Souto de Rozabales

14

do 04 ao 06 de xullo

Monumento Natural A Fraga de Catasós

15

do 04 ao 06 de xullo

Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós

15

do 11 ao 13 de xullo

Monumento Natural Pena Corneira

15

do 11 ao 13 de xullo

Val do río Navea

15

do 01 ao 03 de agosto

Parque Natural Fragas do Eume

15

do 05 ao 07 de setembro

Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia Illa de Cortegada

10

do 05 ao 07 de setembro

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

15

do 12 ao 14 de setembro

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes

10

do 12 ao 14 de setembro

Parque Natural Monte Aloia

15

do 19 ao 21 de setembro

Lagoa e Areal de Valdoviño

15

do 19 ao 21 de setembro

Penedos de Pasarela e Traba

15

do 26 ao 28 de setembro

Parque Natural O Invernadeiro

15

do 26 ao 28 de setembro

Lagoa de Cospeito

15

do 03 ao 05 outubro

Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés

15

do 03 ao 05 outubro

Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés

    15

    do 10 ao 12 de outubro


     

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario