26 de maio de 2025

A GUARDA

Convocatoria de pleno ordinario 

•  Para o mércores 28 de maio de 2025, ás 20:00 horas, na Casa do Concello de A Guarda


 Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello de A Guarda convocou un pleno ordinario para o próximo mércores, 28 de maio, ás 20:00h, no salón de plenos da Casa dos Alonso.  

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

 1. Aprobación das actas da sesión ordinaria de data 26.03.2025; da sesión extraordinaria urxente de data 03.04.2025; e da sesión extraordinaria de data 28.04.2025. 

 2. Dar conta dos decretos dende 16/03/25 ata o 15/05/25. 

 3. Dar conta ao Pleno dos reparos de intervención. 

 4. Dar conta do informe de morosidade e período medio de pago do primeiro trimestre 2025. 

 5. Dar conta do informe resumo control interno 2024. 

 6. Proposta alcaldía cesión escola Portela a Avelaíña 2025. 

 7. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE en relación ao control da presenza do xabaril no monte Trega. 

 8. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE para solicitar a restrición do accesos e aparcamento de vehículos na zona que vai desde a pista de skate ata o campo de fútbol do porto durante as fins de semana. 

 9. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE para a mellora da sinalización do Camiño Portugués da Costa no tramo de entrada á Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario