19 de maio de 2025

A GUARDA

Con “Honeymoon” vai comezar o ciclo de cinema feito en Galicia   

• Este xoves, 22 de maio, ás 20:30 horas, no Centro  Cultural de A Guarda




Infogauda / A Guarda  

 Este xoves, día 22 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Cultural de A Guarda - con entrada de balde -, comezará o ciclo de cinema galego, con películas feitas en Galicia, que acadaron ser finalistas en diferentes categorías dos Premios Mestre Mateo. 

   A primeira das proxeccións lévanos a un filme gravado por diferentes puntos da xeografía galega, como Santiago ou Arteixo. Nathalie Poza e Javier Gutiérrez representan en “Honeymoon” un matrimonio en destrución, a quen xa non lles une nada.  

 Unha circunstancia inesperada lévalles a emprender unha viaxe, tanto a nivel xeográfica como emocional, co fin de conseguir os cartos para remediar unha situación que lles cambiou a vida.  

 A aclamada película “Honeymoon”, que mestura drama, suspense e comedia negra, obtivo ata 10 nomeamentos nos Premios Mestre Mateo 2025: actor protagonista, actor de reparto, longametraxe, dirección, guión, dirección de fotografía, montaxe, vestiario e son.  

 A idea do presente ciclo é amosar unha escolma dos títulos mais recentes no audiovisual galego, un sector en auxe, que cada vez defende maiores propostas de calidade e abrindo as súas producións a temáticas do mais diversas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario