10 de maio de 2025

A GUARDA

IV ROMARÍA CELTA

  Os días 7 e 8 de xuño de 2025, no Campo de Chans - Monte Santa Trega



Infogauda / A Guarda

 Como cada ano, volve a Romaría Celta, organizada pola Pena Celtista Baixo Miño. Mais nesta edición cunha novidade especial: dous días de festa. 

 O sábado 7 de xuño, desde ás 16:00 horas, dará comezo o campionato de futbolín, onde as persoas participantes poderán demostrar a súa valía nese deporte nacional. 

 O domingo 8 de xuño será o día grande da Romaría Celta. Haberá unha chea de xogos populares para pequenos e maiores, como Fútbol 3 en raia, Pata coxa, Cadeiras musicais... Tamén as semifináis e finais de futbolín. Todo isto amenizado polo grupo Zurrumalla.  

 Queredes vir a gozar desta festa ou demostrar as vosas dotes co futbolín? 

 Non perdades máis tempo e anótadevos escribindo un WhatsApp ó 604 021 474 ou por correo electrónico a penaceltabaixomino@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario