INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN CANTAREIRAS
Venres, 11 de abril, ás 19 horas
Museo do Pobo Galego
Museo do Pobo Galego / Santiago de Compostela
O venres, 11 de abril, ás 19 horas, o Museo do Pobo Galego convida á inauguración da exposición Cantareiras, producida polo Museo do Pobo Galego co gallo da homenaxe das Letras Galegas 2025 ás cantareiras e á poesía popular oral.
Trátase dunha mostra que recompila materiais sonoros, procedentes dos fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, unha escolma de material gráfico e documental, así como pezas pertencentes á colección do Museo ou cedidas á nosa institución para a ocasión.
Tomando como fío condutor a cadea de transmisión desa tradición, a mostra fai un percorrido pola nosa historia recente, analizando con perspectiva de xénero as formas, espazos, tempos e persoas que achegaron ese valioso patrimonio inmaterial até nós.
O acto de inauguración será de entrada libre e contará coa intervención musical de Rosario e Carme das Marías, nai e filla, cantareiras de Raigañas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario