3 de abr. de 2025

VIGO

APOIO A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR SOS SANIDADE PÚBLICA O DIA 6 DE ABRIL

Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo

 A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo aprobou por acordo unánime dar apoio a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro domingo 6 de abril en Santiago de Compostela que sairá as 12 desde a Alameda. 

 A manifestación que ten como Lema + Atención Primaria, + Atención Hospitalaria, + Sanidade Pública ten especial sentido na Área Sanitaria de Vigo que é a Zona 0 das políticas de privatización da Xunta do Partido Popular, que mantén a asistencia de parte da poboación da Área Sanitaria en Povisa e que culminou coa construción do Hospital Álvaro Cunqueiro con financiamento e intereses privados que supuxeron un recorte en superficie e prestación respecto o proxecto inicial. Tal e como confirma o Informe do Consello de Contas este modelo de construción ten suposto un sobrecosto importante, é paradoxico que este derroche economico deuse á par que os traballadores e traballadoras do SERGAS viamos recortado salarios e dereitos que despois de tantos anos non recuperamos. 

 Ademais viuse afectado o plan funcional da Área Sanitaria afectando tamén ao Hospital do Meixoeiro e Nicolás Peña e a ampliación da dotación de centros de Saúde na Área Sanitaria e Centros de Alta Resolcución de Vigo e o Morrazo. 

 A Atención Primaria viuse especialmente afectada polas políticas de recorte coa paralización do plan mellora de Atención Primaria que planificaba a dotación progresiva de persoal. O resultado é o que todos e todas coñecemos, centros de saúde con problemas de persoal, con listas de agarda que superan a semana e con un importante número de persoas sen médico de familia de referencia. 

 Por todo isto a Xunta de Persoal anima a todos e todas as profesionais da Área Sanitaria a mobilizarse por unha sanidade pública de Calidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario