7 de mar. de 2025

TOMIÑO

Tomiño reafirma o seu compromiso coa solidariedade a través do Fondo Galego de Cooperación 

 Os traballos aos que contribúe o concello a través deste fondo, inclúe o financiamento de proxectos de desenvolvemento, o fomento da educación e a sensibilización en materia de xustiza social 


O concelleiro de Benestar Social, Rubén García, participou na reunión provincial da Rede Municipal de Solidariedade de 2025
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 O pasado venres, 28 de febreiro, o concelleiro de Benestar Social, Rubén García, participou na reunión provincial da Rede Municipal de Solidariedade de 2025, onde se avaliaron as actividades desenvolvidas no ano 2024, e se presentou o borrador do plan de actividades para este ano. “Estas reunións sirven para compartir experiencias, propostas e ideas entre os distintos concellos e o Fondo. Tamén serve para aprender e traer novas ideas que axuden a ver a realidade que nos rodea un pouco máis lonxe das nosas fronteiras” salientou o concelleiro.  

 Desde hai anos, Tomiño forma parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha iniciativa que busca promover a cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos. Este fondo permite aos concellos galegos colaborar en proxectos que melloren a calidade de vida das comunidades en situación de vulnerabilidade, tanto en Galicia como no resto do mundo.  

 Os traballos aos que contribúe Tomiño a través deste fondo inclúen o financiamento de proxectos de desenvolvemento, o fomento da educación e a sensibilización en materia de xustiza social, así como o apoio a iniciativas que fomenten a igualdade e a inclusión. Con estas actuacións, Tomiño reafirma a súa aposta por un futuro máis solidario e xusto para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario