Tomiño celebra o éxito do adestrador local Hugo Álvarez na VIII Dubai Intercontinental U13 Cup
• Desde os seus inicios como adestrador en Tomiño, Hugo demostrou unha paixón inquebrantable polo fútbol e un compromiso excepcional cos xogadores
Infogauda / Tomiño
Hugo Álvarez, veciño de Tomiño, adestrador do Celta Infantil B alcanzou o subcampionato na VIII Dubai Intercontinental U13 Cup, un torneo que reúne aos mellores equipos xuvenís do mundo. “Para nos é un torneo de alto nivel, con clubes coñecidos como Chelsea, Real Madrid, Milán ou Bayern de Munich, pero tamén con clubes locais de gran poderío físico que sempre o poñen complicado” destacaba Hugo.
Desde os seus inicios como adestrador en Tomiño, Hugo demostrou unha paixón inquebrantable polo fútbol e un compromiso excepcional cos seus xogadores. O seu crecemento profesional é un motivo de orgullo para todos e todas as tomiñesas. “Visitar Dubai, xogar e incluso eliminar a estes equipos é motivo de disfrute, máis tamén nos aporta un crecemento como persoas e como profesionais” salientaba o tomiñés.
Desde o Concello de Tomiño queren felicitar, tanto ao equipo, como a Hugo, por este destacado éxito. “É un exemplo inspirador para os nosos mozos deportistas e unha mostra do potencial que temos na nosa localidade”, salienta o concelleiro de Deportes, Rubén García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario