7 de mar. de 2025

A GUARDA

A actriz María Vázquez e ‘Matria’ propoñen unha xornada  cine con perspectiva de xénero   

 O vindeiro xoves día 13 de marzo, ás 20:00h, no Centro Cultural da vila




Infogauda / A Guarda

 O Centro Cultural de A Guarda vai acoller o vindeiro xoves día 13 de marzo, ás 20:00h, a proxección da película “Matria” de Álvaro Gago, gañadora de 5 premios Mestre Mateo 2024.  

 O filme “Matria” conta a vida de Ramona, de corenta anos, que vive nun contexto laboral e persoal tenso e precario. Ela tenta darlle un futuro mellor á súa filla, facendo malabarismos con múltiples traballos. Pero cando a súa filla está preparada para comezar o seu propio camiño, Ramona decátase de que, por primeira vez, pode facer algo por ela mesma.  

 Ao remate da proxección teremos o privilexio de contar nun coloquio, coa participación de María Vázquez, a protagonista da película.

 Esta actividade, organizada polo Centro de Información á uller (CIM) de A Guarda, con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, tamén se realizará para o alumnado de 1º de Bacharelato ese mesmo día, pola mañá.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario