Tomiño pon en marcha un programa de estimulación cognitiva para persoas con alzhéimer e demencia
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), anuncia o inicio do novo programa “Obradoiros de Estimulación Cognitiva e Funcional”, dirixido a persoas diagnosticadas de Alzheimer e outros tipos de demencias. Este programa comezará o vindeiro luns, 20 de xaneiro, e desenvolverase os luns e os mércores, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na Escola Obradoiro “O Regatiño”, de Goián.
“O obxectivo destes obradoiros é proporcionar ferramentas e actividades que favorezan a estimulación cognitiva e funcional dos participantes, mellorando así a súa calidade de vida”, comenta o concelleiro de Deportes.
A inscrición está aberta e pódese realizar xa a través do correo electrónico benestar@tomino.gal ou no teléfono 986 623 211. Convídase a todas as persoas interesadas a participar novo programa, organizado coa finalidade última é apoiar a quen se enfrontan a estas difíciles condicións de saúde, así como ás persoas que lles coidan.
Para máis información, as persoas interesadas, poden porse en contacto co Concello de Tomiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario