Os agasallos do Sorteo dos Reis Magos 2025 seguen no Concello
• As persoas que teñan os números premiados teñen que pasar polo Concello e identificarse. Teñen até o 17 deste mes, se non, pasarase aos números de reserva
Infogauda / Tomiño
As persoas donas dos boletos premiados no Sorteo dos Reis Magos celebrado o día 5 de xaneiro despois da cabalgata, deben pasar polo Concello a recoller os agasallos que lles corresponden. Teñen ata o día 17 de xaneiro para reclamar o premio.
É imprescindible que, tanto os que posúan un número premiado, como os que teñan un número de reserva, acudan ao Concello para identificarse antes do venres día 17, traendo consigo o seu boleto.
Se o prazo finalizase sen que algún dos gañadores reclamase o seu premio, pasarase á listaxe de reserva na orde indicada; de aí que sexa moi importante que os donos dalgún boleto de reserva, se identifiquen antes da data sinalada. De non facelo, pasarase ao seguinte número de reserva.
Os números premiados son: Vale 25€ ADETO: 2188; Vale 25€ ADETO: 1597; Vale 25€ ADETO: 2229;Vale 25€ ADETO: 2184; Bono Corazón de Carballo: 2426; Bono Corazón de Carballo: 1487; Bono Corazón de Carballo: 1561; Patinete: 2087: Patinete: 1411; Bicicleta: 1610; Bicicleta: 2421
Os números de reserva son os seguintes na seguinte orde:
• 1º: 1515 - • 2º: 2076 - • 3º: 2131 - • 4º: 2422 - • 5º: 2321 - • 6º: 2785 - • 7º: 2233 - • 8º: 2492 - • 9º: 2179 - • 10º: 1507
Ningún comentario:
Publicar un comentario