A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa do Rosal
Infogauda / O Rosal
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, ao que tamén asistiu Germán Fernández Rodríguez, concelleiro de Vías e Obras, Tráfico, Protección Civil, Saneamento e redes de subministro.
Nesta reunión, a conselleira e a rexedora abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio pontevedrés.
Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario