30 de xan. de 2025

DEPORTES

 FÚTBOL

1ª Autonómica Grupo 6

O Sporting Guardés recibirá ao Gondomar C.F.

 O domingo día 2 de febreiro, ás 16:30 horas, no campo de A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo do aprazamento dos encontros do pasado día 26 deste mes de xaneiro, debido ao adverso metereolóxico; os balóns de fútbol voltarán este domingo a focalizar a máxima atención nos terreos de xogo de Galicia. 

 Dese xeito, este domingo día 2 de febreiro, ás 16:30 horas, no campo municipal de A Sangriña, o Sporting Guardés recibirá ao Gondomar C.F..

 Vai ser - este cronista polo menos así o prevé - un encontro de poder a poder, dado que o conxunto visitante, ocupa provisionalmente, o 2º posto da táboa clasificatoria, e o equipo de A Guarda, o 4º posto, a tan soio 2 puntos do Gondomar C.F..

 Na última xornada disputada, correspondente ao día 19 de xaneiro, o Sporting Guardés impúxose (2-0) ao C.D. Arenteiro B. 

 No que respecta ao Gondomar C.F. logrou empatar (1-1) no feudo do R. Castrelos.

 Se o equipo visitante como é de prever, quere manter - como é lóxico - as súas aspiracións deberá sair ao céspede sintético de A Sangriña coa mentalidade moi ben definida e as ideas claras. 

 Con todo, o Sporting Guardés, apoiado pola súa afección, sabe moi ben da importancia dese encontro, e que a vitoria debe ser o seu obxectivo.

 Todo iso debera redundar nunha tarde de fútbol onde prime, por riba de todo, a deportividade. No terro de xogo e nas bancadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario