26 de xan. de 2025

A GUARDA

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE A GUARDA INCREMENTA O NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS

  2.318 persoas contan con tarxeta de préstamo


Sala de lectura de adultos, da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda
Foto: B.P.M.

Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda vén de facer público que “somos un total de 2.318 usuarios con tarxeta de préstamo; 205 máis que no ano 2023. 

 As persoas usuarias da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda desfrutaron de 5.021 libros e outros materiais prestados, durante o ano 2024. É decir, 641 máis que en 2023”. 

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda conta con varias seccións (Bebeteca, Infantíl, persoas adultas, Punto Violeta (Muller, Igualdade, Feminismo, Coeducación,...), incrementando seus fondos con novidades de diversos xéneros (ensaio, novela, poesía,...). 

 Se algunha persoa usuaria precisa algún libro en papel e non está dispoñíbel, pode consultar en GaliciaLe. Hai libros que teñen máis demanda, e pode darse a circunstancia de que o exemplar en papel está prestado e ten lista de espera. 

 Para facer uso de GaliciaLe precísase ter a tarxeta de lector/a actualizada e recibir as claves de acceso. As persoas que ainda non a teñan poden achegarse á Biblioteca Pública Municipal de A Guarda e informarse. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario