ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA, PROCLAMOUSE SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE CROS
• No Campionato de España de Federacións Autonómicas 2025, o atleta de A Guarda fíxose coa medalla de prata na categoría Sub18 masculino, coas cores da selección galega xuvenil
Redacción Deportes / A Guarda
O epicentro do cros nacional concentrouse esta fin de semana no circuíto Cerro de los Ángeles, en Getafe, sendo este ano 2025 a terceira vez que acolle o Campionato de España de Federacións Autonómicas, e onde se disputou este sábado para as categorías Sub16 e Sub18, e farano este domingo os Sub20, Sub23 e os absolutos.
A proba de hoxe estivo moi rifada. Desde o inicio saíuse a un fortísimo ritmo de carreira, imposto desde o primeiro compás, polo valenciano Xavi Cabanilles, rival de Álex Sierpes Pereira dos últimos anos onde o man a man entre eles empeza a ser costume.
O atleta da comunidade valenciana tensou tanto a corda que el comandaba, conseguindo quedar só un grupo de catro na parte dianteira distanciando ao grupo perseguidor cunha distancia considerable. De feito, canto máis empuxaba no grupo de cabeza máis se abrían as distancias no cronómetro, percorrendo a primeira volta os catro integrantes da travesía, pero pasando a segunda volta tan só quedan o valenciano e Sierpes xogándose a carreira de ti a ti, parecendo que había dúas carreiras paralelas con moita distancia polo medio entre os demais atletas, algo atípico nun nacional. Pero no paso por meta na última volta grande, o atleta guardés colleu o mando da carreira a falta de 2.000 metros, antes de afrontar o tramo máis duro do circuíto, unha rampla de 80 metros e varios montículos baixando, chegando abaixo diante, onde Sierpes leváballe unha marxe de 5 ou 6 segundos e parecía ser o gañador, momento no que Álex relaxouse, e a falta de 300 metros Xavi meteulle un cambio onde se fixo coa vitoria.
Dese xeito, o atleta do Baixo Miño, fichado recentemente polo club Vicky Foods Athletics, fíxose coa prata nacional na proba Sub18 masculina, onde tivo que percorrer 5.000 metros, no duro e esixente circuíto.
Felicitar a Xavi Cabanilles e a Álex Sierpes pola gran carreira coa que nos deleitaron, que fai que o campo a través sexa bonito.
Tamén apuntar o 5º posto por equipos conseguido por Galicia nesta categoría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario