7 de dec. de 2024

TOMIÑO

I Carreira San Silvestre Tomiñesa

  A carreira - non competitiva - e a andaina terán lugar o 31 de decembro ás 12h. A saída e a meta estarán na praza do Seixo




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño, en colaboración coa Sociedade Atlética do Trega, organiza a I Carreira San Silvestre Tomiñesa.     

 A inscrición é gratuíta e levarase a cabo a través do formulario web habilitado en www.tomino.gal onde tamén poden consultarse as bases.     

 As primeiras 300 persoas inscritas recibirán un agasallo.  

 Haberá chocolate quente, de balde, para todas as persoas participantes.     

 A carreira - non competitiva - e a andaina terán lugar o 31 de decembro ás 12h. A saída e a meta estarán na praza do Seixo. 

 O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 25 de decembro ás 23:59 horas. 

 As persoas participantes virán ataviadas con gorros ou vestimenta de Nadal.   

 A andaina-carreira para a cativada e/ou familias terá 1.600 metros e o percorrido para o resto da poboación é de 4.000 metros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario