7 de dec. de 2024

O ROSAL

XIV CONCERTO CORAL ECOS DO NADAL

  Domingo, 15 de decembro de 2024, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal




Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

 O Coro Ecos do Folón, de Fornelos (O Rosal), coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello do Rosal, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de santa Mariña, e a Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón, organiza o XIV Encontro Ecos do Nadal. O devandito evento será o domingo día 15 de decembro de 2024, ás 18:00 horas, no auditorio municipal do Rosal.

 Participarán: a Coral Polifónica Baiona A Real; a Coral A Cela, de Baredo (Baiona); e a Coral Ecos do Folón, de Fornelos (O Rosal).

Ningún comentario:

Publicar un comentario