CIG - Industria convoca unha manifestación no sector da automoción
• Para este xoves 12 de setembro de 2024, dende a fábrica de Stellantis en Vigo
Infogauda / Vigo
CIG-Industria convoca unha manifestación para alertar das graves ameazas que enfronta o sector galego da automoción e reclamar das administracións públicas medidas urxentes que garantan o futuro dunha industria fundamental para as comarcas de Vigo, Pontevedra e Ourense. Na protesta, que fai parte da campaña que vén desenvolvendo a central en defensa do sector, participarán traballadores/as e delegados/as sindicais destas tres localidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario