O Festival ADETO modifica os seus horarios
• O sábado 7 de setembro a praza do Seixo encherase de cor. Sorteos durante a mañá e a tarde e festas holi e da escuma desde ás 17:30
Gonzalo Lomba / Tomiño
A previsión de choiva para o venres 6 obriga a ADETO a comprimir o seu Festival nun só día. Así, o sábado 7 concentraránse todas as actividades do evento que dará comezo ás 11 da mañá.
O comercio local dalle cor á túa vila é o lema do festival que celebrará o pequeno comercio reunindo a máis de vinte negocios e artesáns que exporán os seus productos na Praza do Seixo. Ademáis, as persoas que se acheguen á praza poderán desfrutar de gastrofurgos, animación musical e sorteos para os clientes do pequeño comercio.
Durante a mañá procederase ao sorteo da campaña Pasaporte recén rematada e en dúas tandas, durante a mañá e a noite sortearanse máis de 50 premios para os clientes do comercio local. Cada persoa que presente un ticket de compra superior a 5€ do venres 6 ou sábado 7 en establecementos asociados a ADETO ou participantes na feira poderá estoupar un globo con premio sorpresa no interior. Todos terán premio.
A tarde do sábado servirá como colofón para o verán sobre todo para a infancia e a xuventude con inchable, festa holi e festa da escuma, amenizadas con zumba e DJ. O acceso ao recinto festa hola & escuma abrirase ás 17:00 e para acceder a todas estas actividades será necesario presentar unha entrada que se poderá adquirir nos establecementos asociados a ADETO facendo un gasto de 9€.
Co Festival ADETO, que conta con financiación e apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra, o comercio de Tomiño busca celebrar xunto aos seus clientes unhas xornadas de diversión e bo ambiente que lle den cor a Tomiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario