10 de set. de 2024

O BAIXO MIÑO

RUÍ TEIXEIRA DEBUTA COMO NOVO PRESIDENTE DA AECT RIO MINHO   

 O director ata o momento, Roberto José Álvarez Carrero, será o novo vicedirector  

 

Roberto José Álvarez Carrero - á esq. -, con Ruí Teixeira

Foto:  AECT Río Minho

Infogauda / O Baixo Miño

 O Consello Coordinador da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza AECT Río Minho reuniuse a pasada tarde para renovar os cargos directivos do Consello Coordinador da agrupación tal e como establencen os seus estatutos.  

 A renovación de cargos realízase cada dous anos, sendo elexidos o director e o vicedirector de forma alterna pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra.  

 Nesta ocasión, o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Ruí Teixeira asume o posto de director; e da misma forma, Roberto José Álvarez Carrero, alcalde do municipio de A Guarda representará o cargo de vicedirector.  

 O novo director, asegurou que “este novo cargo aporta máis responsabilidade, pero para min é un orgullo reprensentar este territorio e traballar a prol de todos os municipios que o compoñen, tanto do lado español como portugués”.  

 Teixeira abordou tamén a importancia da AECT “que leva sido un instrumento moi importante para o desenvolvemento do territorio transfronteirizo e un instrumento moi importante tamén para que as eurocidades poidan desenvolver os seus proxectos en conxunto”.  

AECT Río Minho 

 A AECT Río Minho consolidouse no ano 2018, e abarca un total de 26 concellos, 10 deles no territorio luso pertencente á Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e 16 no territorio galego dentro da provincia de Pontevedra con conexión co río Miño.   

 A zona de actuación abrangue máis de tres mil quilómetros cadrados de superficie e 375.995 habitantes.  

 O seu obxectivo principal é contribuir no desenvolvemento e reforzo da cohesión económica e social do territorio que abarca. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario