27 de set. de 2024

A GUARDA

O Centro Dramático Galego invita á cidadanía guardesa ao teatro  

 


Infogauda / A Guarda

 O Centro Dramático Galego (CDG), convídanos a acudir a ver a última das súas producións: “Terceiro Acto”. Para iso, poñen á disposición dos veciños da Guarda un autobús que partirá ás 15 horas do xoves 10 de outubro do Centro Cultural ata Santiago de Compostela.  

 Alí, os asistentes desfrutarán do pase das 18 horas da obra “Terceiro Acto”. Ás 20:30 horas emprenderase o camiño de regreso. A actividade ten un custe total de 5€ que se aboará no propio autobús e precisa de inscrición previa na seguinte ligazón: https://forms.gle/xPUBZ1Jc7pf9VCEp9 ou directamente no correo cultura@aguarda.es  

 Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Nunha noite, un grupo de actores e actrices veteranos reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.  

 A obra conta cun elenco de luxo: Roberto Leal, Belén Constenla, Mabel Ribera, Tatán,... 

 Ligazón á web de CDG. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario