25 de set. de 2024

A GUARDA

O Coro Cantábile organiza o  III Festival Sons da  Guarda  

 Este sábado, 28 de setembro, ás 18:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda 




Infogauda / A Guarda

 Este sábado 28 de setembro ás 18:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, dará comezo o III Festival Sons da Guarda.   

 O evento - organizado polo Coro Cantábile, coa colaboración do Concello de A Guarda e da parroquia de Santa María de A Guarda - contará coa participación do Coro Cantábile; Avelino Ferreira López; e a Rondalla Antorcha, con María José Baz. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario