O Concello de A Guarda abre o prazo para solicitar as subvencións deportivas, sociais e culturais
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda abre a partir do xoves día 19 de setembro o prazo para presentar solicitudes para as subvencións municipais por concorrencia competitiva destinadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio.
O anuncio da apertura do procedemento publicouse no Boletín Oficial da Provincia do 18/09/2024. As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais (ata a o 18 de outubro) para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal ou na sede electrónica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario