Teatro Foro na Guarda
O domingo 22 de setembro as 18:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A asociación FOCO comeza o curso con teatro. Por iso, este domingo 22 de setembro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda, presentarán unha breve peza de teatro foro que inclúe actividades teatrais e de improvisación.
Esta actividade está destinada e restrinxida a xente de entre 15 e 25 anos.
Esta obra é parte do proxecto Foro Novo do Baixo Miño.
FOCO é unha asociación con sede na Guarda (Pontevedra), fundada por persoas procedentes de diferentes ámbitos que pretende facer avanzar o campo da educación non formal mediante proxectos formativos e creativos e iniciativas innovadoras.
Os principais obxectivos da organización son:
Cooperar con outras organizacións en España e Europa para promover a inclusión social, a creatividade, as artes, a cultura, a cidadanía activa, o respecto á diversidade e outros valores cívicos.
Ofrecer oportunidades de formación para o desenvolvemento de competencias, o compromiso cívico, a promoción de valores sociais e outros.
Promover actividades e proxectos que sigan os principios de calidade, relevancia, utilidade e dinamismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario