19 de set. de 2024

A GUARDA

Cursos de balde de informática e de teléfónos intelixentes  para persoas maiores e para nenas/os

 Os cursos comezarán o martes 1 de outubro e estenderanse ata o 20 de decembro




Infogauda / A Guarda  

 O CeMIT de A Guarda ofrece este outono cursos para persoas adultas e nenas/os, para iniciarse en ferramentas tecnolóxicas, que son básicas e imprescindibles a día de hoxe.  

 Para as persoas adultas, haberá ata tres cursos dispoñibles: iniciación a informática e internet; edición de textos e escritura; e tamén un curso de móbiles intelixentes e tabletas, para coñecer aplicacións como WhatsApp,...  

 Para as nenas/os, ofrécese un curso en informática para aprender a ter un manexo do ordenador, moi útil na súa vida escolar: mecanografía, edición de textos, presentacións,...  

 Os cursos son gratuítos e comezarán o martes 1 de outubro e estenderanse ata o 20 de decembro. Para pedir máis información sobre horarios e/ou inscribirse pode ser a través do teléfono 986 611 850 ou no Centro Cultural. Todos os cursos impartiranse na aula CeMIT do Centro Cultural. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario