18 de xul. de 2024

TURISMO

A Guarda acolleu con expectación a presentación da Festa do Mexillón e do Berberecho,  de Vilanova de Arousa 

  

Momento da intervención do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, na presentación da XXX Festa do Mexillón e do Berberecho 

Fotos: C.A.G.

Vista parcial da afluencia de público á presentación da XXX Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa

 

Infogauda / A Guarda

 Esta mañá a praza de Avelino Vicente acolleu a presentación da XXX Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa. Moitos guardeses e guardesas achegáronse a degustar os petiscos que preparou o alumnado do obradoiro Mar de Santiago.   

 O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, destacou a calidade do menú que preparan e tamén da súa relación coa Guarda, que visita con frecuencia. O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, recordou a acollida que deron en Vilanova de Arousa á presentación da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, e como se converteu en todo un éxito que seguro que se repite coa Festa do Mexillón e do Berberecho.  

 



 Ademais, o acto contou con varios invitados de honra, como os presidentes das cámaras municipais de Vila Nova de Cerveira, Rui Pedro Teixeira Ferreira da Silva, e de Valença do Minho, José Manuel Vaz Carpinteira. Mais tamén coincidiu coa visita de Henry Flores, alcalde de Santa Tecla (El Salvador), cidade que conta con case 200.000 habitantes.  

 A XXX Festa do Mexillón e do Berberecho celebrarase en Vilanova de Arousa, durante a segunda fin de semana do mes de agosto e contará con actuacións como Panorama. Roi Casal,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario