9 de xul. de 2024

ECONOMÍA

A CIG-Industria desenvolverá unha concentración para alertar das graves ameazas que enfronta o sector galego da automoción

Mércores 10 de xullo de 2024, ás 11:00 horas, diante da sede da Xunta en San Caetano (Santiago de Compostela).


Infogauda / Galiza

 Este mércores 10 de xullo de 2024, ás 11:00 horas, diante da sede da Xunta en San Caetano (Santiago de Compostela), a CIG-Industria desenvolverá unha concentración para alertar das graves ameazas que enfronta o sector galego da automoción e reclamar das administracións públicas medidas que garantan o futuro dunha industria estratéxica para o país e fundamental para as comarcas de Vigo, Pontevedra e Ourense. Na protesta, que fai parte da campaña que vén desenvolvendo a central en defensa do sector, participarán precisamente traballadores/as e delegados/as sindicais chegados/as dende estas tres zonas do país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario