5 de xul. de 2024

A GUARDA

Resultados do concurso de fotografía Mirando A Guarda

 

 Rapa, de Salvador Linares Fernández

Infogauda / A Guarda

  O goberno municipal do Concello de A Guarda, vén de facer público que tras unha difícil decisión, pola calidade e cantidade de fotografías recibidas, o concurso Mirando A Guarda xa ten os resultados.  

 O xurado elixiu as seguintes fotografías gañadoras:  

Categoría Costiña (B/N): Rapa, de Salvador Linares Fernández.

Categoría Mazaracos (Paisaxes guardesas en cor): El ocaso, de Emilio Baz Pacheco. 

Categoría Libertinaxe (Tema libre, incluso fotomontaxe): Galaxias cercanas, de Antonio Fato 

 Ademais, seleccionáronse ata 4 finalistas en cada categoría:  

Categoría Costiña: A bolsa do pan, de Iago Manoel Souto Lorenzo; Ternura y compresión, de Luis Menéndez Arias; Mirada penetrante, de Luis María Barrio; e Mi infancia junto al mar, de Francisco Javier Domínguez.  

Categoría Mazaracos: Porto, de Gaspar González Somoza; Puerto vivo, de Salvador Linares Fernández; A costa de atlántica, de Carmen María Martínez Cadilla; e Unha vila chea de vida, de Andrés Barcala Veiga.  

Categoría Libertinaxe: Distorsiones, de Emilio Baz Pacheco; Homenaje a Caravaggio, de Héctor Abela Arbues; Confín dos verdes castros, de Eduardo Freiría Martínez; e Terraza, de Gaspar González Somoza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario