Actividade para explorar a flora dunar de Camposancos
O domingo 21 de xullo, ás 10:30 horas, no Puntal
Infogauda / A Guarda
O departamento de Medio Ambiente, do Concello de A Guarda, xúntase coa Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), para realizar unha nova actividade do ciclo Sostendo o Futuro IV.
Consistirá na observación da flora dunar de Camposancos.
O punto de encontro será O Puntal ás 10:30 horas do domingo 21 de xullo e durará aproximadamente dúas horas.
A inscrición pode facerse a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000.
Ningún comentario:
Publicar un comentario