18 de xul. de 2024

A GUARDA

A Guarda recibe a visita do alcalde  de Santa Tecla (El Salvador)   

 

Henry Flores, alcalde da cidade de Santa Tecla (El Salvador), con Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, nun momento da recepción celebrada na mañá de hoxe na Casa do Concello

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda  

 Esta mañá o Concello de A Guarda recibiu a visita de Henry Flores, alcalde da cidade de Santa Tecla (El Salvador).  

 Santa Tecla é a sétima cidade máis poboada de El Salvador e conta con preto de 200.000 habitantes. O seu alcalde, Henry Flores, visitou a Casa dos Alonso e falou cos concelleiros e o alcalde guardés sobre as festas de Santa Trega a ambos lados do océano Atlántico.  

 Ademais, Henry Flores recibiu un agasallo de parte do Concello, e o libro de poemas “De mar a mar” de Feliciano Rolán para cada un dos compoñentes da comitiva salvadoreña. Para rematar a súa visita, Flores asinou o libro de honra do Concello.  

 O alcalde de Santa Tecla soubo da existencia da Guarda por un amigo seu con ascendencia de Caminha (Portugal), quen lle falou sobre o monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario