4 de xul. de 2024

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA COMPROMÉTESE CO BNG E COS AFECTADOS, Á CREACIÓN DUNHA  OFICINA DE APOIO AOS PREXUDICADOS POLOS ERROS  DO CATASTRO 

 

Vista das persoas asistentes a asemblea informativa celebrada en Salcidos, e organizada polo BNG de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 A comisión de afectadas e afectados polos erros  na actualización do catastro acompañados dunha representación do BNG reuníronse co alcalde e tenente de alcalde da Guarda. Nesta reunión - segundo vén de facer público a formación nacionlista -, o mandatario municipal comprometeuse á creación dunha oficina técnica de apoio as prexudicadas e prexudicados polos erros do catastro”. 

 As mismas fontes indican tamén que “os representantes do goberno local comunicaron tamén nesta reunión que previsiblemente na próxima semana estaría funcionando esta oficina que tería como finalidade trasladar a Xerencia do  Catastro as múltiples reclamacións da veciñanza polos erros que aparecen nos planos”. 

 O portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz Vicente que participou na reunión, agradeceu “aos veciñas e veciños a implicación no proceso de asembleas e de recollida de sinaturas que propiciaron que o Concello se vira na obriga de tomar nota e poñerse a disposición dos afectados e afectadas”. Lamentou Baz, “que para moitos propietarios e propietarias esta medida chega tarde, porque xa fixeron a reclamación pola súa conta  diante da incerteza que produciu esta situación”. O portavoz nacionalista tamén indicou que farán un seguimento do funcionamento desta oficina para que  cumpra co cometido de ser útil as xustas reclamacións da cidadanía”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario