4 de xul. de 2024

A GUARDA

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará A Guarda

O vindeiro xoves, 11 de xullo, de 10:15 a 14:00 horas, e de 16:30 a 21:00 horas 




Infogauda / A Guarda

 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) instalará a súa unidade móbil na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural da Guarda. E se as temperaturas son altas, ubicarase na rúa Baiona.  

 Todas as persoas que queiran doar poderán facelo de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas. Desde o Concello de A Guarda animan a todas as persoas maiores de 18 anos, a participar na doazón, xa que a recompensa é axudar a salvar vidas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario