4 de xul. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS RATIFICAN A XUNTA REITORA PRECEDENTE

Presidida por José Fernando Martínez Martínez


Imaxe de arquivo dunha asemblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos

Redacción / Camposancos  

 Convocada polo seu presidente en funcións, José Fernando Martínez Martínez, e coa asistencia de 90 comuneiras/os, dos 200 que compoñen o censoo pasado 29 de xuño, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos celebrou asemblea xeral extraordinaria. O obxecto da mesma foi o de constituir a mesa eleitoral para celebrar as eleccións á xunta reitora. 

 Como queira que non se presentou ningunha candidatura, e seguindo os prazos establecidos nos estatutos, a xunta reitora en funcións someteuse á ratificación da súa continuidade por parte da asemblea. 

 Non habendo votos en contra nin abstencións, quedou ratificada dita continuidade para os vindeiros catro anos. 

 A nova xunta reitora está formada polas seguintes persoas: José Fernando Martínez Martínez (presidente); Mario Baró Pereira (vicepresidente); Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez (secretario); Domingos Portela Lorenzo (tesoureiro); José Antonio Vázquez Fernández (vogal); Gloria Portela Loureiro (vogal); Eduardo M. Alonso Rodríguez (vogal); Esther Rodríguez Sobrino (vogal); Juan Carlos González González (vogal); Claudia Savariz Alfonso (vogal); Carlos M. Juan Bento (vogal); José Collazo Alonso (vogal). 

 Durante a reunión, o presidente da xunta reitora insistiu na obriga de asistir ás convocatorias por ser un deber dos comuneiros e comuneiras, e pola necesidade de participar democraticamente co seu voto nas decisións que se adopten. 

 Asemade, José Fernando Martínez adiantou a asemblea a posibilidade de levar a cabo un proxecto de rehabilitación da casa forestal para usos turísticos, do que se dará conta máis detallada así que o mesmo estea concretado.

 A Comunidade de Montes de Camposancos reanudará as súas actividades regulares cunha nova programación o vindeiro mes de setembro e agradece a colaboración e a participación da veciñanza nas últimas actividades, como foron a “Noite de San Xoán” e  o I Trail Camposancos ó Solpor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario