2 de xul. de 2024

A GUARDA

A OMIX de A Guarda prepara un obradoiro audiovisual




Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, a través do Fondo Galego de Solidariedade, organiza un obradoiro audivisual para elaborar vídeos breves, dirixido á mocidade entre os 15 e os 35 anos.  

 As persoas que participen deberán achegarse cos seus móbiles e/ou outros dispositivos de gravación (se os teñen). O traballo realizarase en grupo polo que non será preciso un móbil por persoa.  

 A actividade durará 3h aproximadamente e vai estar enfocada na creación audiovisual, co obxectivo de que desa mañá saian unha serie de vídeos que se poidan presentar ao concurso https://waterofthefuture.org/video-challenge  

 A xornada levarase a cabo o día 18 de xullo ás 10 da mañá nunha aula municipal do Concello de A Guarda. A inscrición levarase a cabo a través da OMIX do Concello de A Guarda no correo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario