2 de xul. de 2024

A GUARDA

A Guarda vai celebrar este domingo o Día Internacional do Ioga

Cunha sesión gratuíta ao aire libre 


  

Infogauda / A Guarda

 Un ano máis, o Concello de A Guarda únese ás celebracións do Día internacional do Ioga. Este domingo 7 de xullo ás 10:30 horas, no contradique de Punta Xente, ao final do paseo marítimo, o Centro Awen Yoga ofrecerá una sesión de ioga gratuíta ao aire libre, en colaboración co Concello.  

 Desde o Concello de A Guarda comentan: "Coincidindo coa Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira nos trasladamos a unha nova contorna para estar preto do mar e cargarnos coa súa enerxía, ao mesmo tempo desfrutaremos dunhas marabillosas vistas do porto mentres facemos ioga.  

 O obxectivo desta actividade é celebrar este día e invitar a todas as personas a achegarse ao mundo do ioga e que coñezan os seus beneficios.   

 Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais da Escola de Yoga - Centro Awen. A primeira parte estará enfocada aos máis pequenos para continuar cunha sesión de ioga para adultos, unha relaxación e algunha sorpresa máis.   

 Se podes respirar, podes practicar ioga. Anímate a coñecelo aínda que nunca o practicases!  

 Recoméndase aos participantes levar una esterilla ou toalla, roupa cómoda e unha manta ou coxín para a relaxación."  

Teléfonos de información: 

Awen Yoga: 676 620 247 Elvira  / 617 660 531 Iria 

centroawenyoga@gmail.com 

Concello: 986 610 000 (ext. 4023) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario